Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xubilarse antes dos 40, a última tendencia nas redes

Xubilarse antes dos 40, a última tendencia nas redes

O reto é traballar sen descanso sacrificando a vida persoal para conseguir aforrar o 70 por cento dos aforros

Unha utopía, aseguran os expertos, que crea falsas expectativas na mocidade 

G24.gal 04/09/2024 14:59

Xubilarse antes dos 40... Desta idea aliméntase a última tendencia en redes, o movemento Fire.
 

"Non o vexo posible porque é moito diñeiro para poder sobrevivir outros 40 anos máis", asegura un mozo. "Pero é que así non vives", asegura outra moza.

O reto é vivir para traballar, sacrificar a vida persoal, a independencia.
O obxectivo é aforrar o 70 por cento dos ingresos, investir e logo vivir de rendas. 

"Se non es famoso, youtuber, esquécete, aquí tes que traballar ata os 60 ou máis", explica esta moza. "É imposible. Non podemos aforrar, eu aforro 200 euros ao mes", engaden.

O certo é que España é un dos países cunha taxa de aforro máis baixa de Europa.

"En determinados países si é posible chegar a rendas altas nos primeiros anos laborais, pero en España cun problema de desemprego xuvenil o acceso a empregos de calidade nos primeiros anos de vida é moi difícil, eu diría que incluso utópico", asegura o economista Roberto Bande.

E tan só unha porcentaxe moi reducida da poboación, menos do 5 por cento, podería ter esa capacidade de aforro en tan pouco tempo. 

 "Que non crean que todo é tan doado como facer catro vídeos de YouTube e gañar cartos, non é así", afirma unha moza.

Esas falsas expectativas é un dos riscos destes movementos que circulan en redes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade