Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e Concello de Santiago acordan un protocolo marco para o aparcadoiro do CHUS

Xunta e Concello de Santiago acordan un protocolo marco para o aparcadoiro do CHUS

Sobre o financiamento das actuacións, a Xunta achegará un 80 % e o Concello un 20 %

G24.gal 02/05/2024 18:47

Tras meses de discrepancias, o Concello de Santiago e a Xunta alcanzaron este xoves un acordo para impulsar “un protocolo marco para o aparcamento e a ordenación urbana” do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Así o acordaron este xoves na primeira reunión que os novos responsables dos departamentos autonómicos de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e de Sanidade mantiveron coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e na que conseguiron desbloquear a situación.

No encontro, segundo apuntan as dúas administracións, sentaron as bases para mellorar a situación de mobilidade e ordenación na contorna do centro hospitalario.

Deste xeito, en próximas semanas a Xunta e o Concello volverán reunirse para pechar o protocolo marco de colaboración no que se concretarán a contratación da redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) para a ordenación do ámbito e do proxecto para o novo aparcamento.

Sobre o financiamento das actuacións do ámbito do PIA que se estimen necesarias, as dúas partes acordaron valorar a achega dun 80 % por parte da Xunta e dun 20 % por parte do Concello.

O compromiso da Administración autonómica inclúe tamén o cofinanciamento das actuacións de saneamento e abastecemento municipal, cunha achega de 3,5 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade