Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e Deputación da Coruña reclámanlle ao Goberno que cumpra co 50% do financiamento da atención á dependencia

Xunta e Deputación da Coruña reclámanlle ao Goberno que cumpra co 50% do financiamento da atención á dependencia

Alfonso Rueda e Valentín González Formoso reuníronse este venres na Coruña

G24.gal 12/07/2024 17:12

 O presidente da Xunta continuou este venres a rolda de reunións con responsables da admistracións locais e provinciais.

 Alfonso Rueda viuse na Coruña co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, nun encontro que os dous cualificaron de frutífero.

Quedaron en estudar o traspaso á Xunta dalgunhas estradas provinciais e en reclamarlle ao Goberno central que cumpra co 50% do financiamento da atención a dependencia, como marca a lei.

Os dous coincidiron tamén en axilizar as instalacions de enerxía eólica necesarias para desenvolver proxectos industriais estratéxicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos