A Xunta estima que o Bono Deporte chegará a 135.000 menores de entre 6 e 16 anos
A Xunta estima que o Bono Deporte chegará a 135.000 menores de entre 6 e 16 anos
A Xunta prevé que en xaneiro poda estar xa en marcha a aplicación para tramitar o bono
Xunta e federacións coinciden en que o bono deportivo axudará a fomentar o deporte base
Ter entre 6 e 16 anos e estar federado nalgún deporte ou inscrito no programa Xogade. Son os requisitos principais para obter o novo bono deportivo da Xunta. Algúns xa saben en que o van empregar: roupa e equipamentos.
Tamén poderá empregarse para clases ou inscricións en centros deportivos. O Goberno galego presentoulles o bono aos representantes das federacións, que ven un avance considerar o deporte como unha actividade esencial, e ofrecen toda a súa colaboración.
O vicepresidente da Xunta calcula que o bono vai beneficiar máis de 135.000 familias galegas, con dous obxectivos principais: fomentar o deporte de base e aliviar a economía das familias.
A Xunta destina a este bono deportivo 16,2 millóns de euros. Os beneficiarios poderán recuperar ata un 80 % do que gasten, cun máximo de 120 euros por cada menor.