Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e Ingenostrum proxectan un centro de datos que creará un cento de empregos

Xunta e Ingenostrum proxectan un centro de datos que creará un cento de empregos

O investimento ascendería a 400 millóns de euros

O obxectivo é situar en Galicia un gran centro de datos neutro en carbono

G24.gal 01/03/2023 20:39

Impulsa Galicia, a sociedade creada pola Xunta para fomentar proxectos que capten fondos europeos de reconstrución, chegou a un acordo coa empresa Ingenostrum para crear un centro de datos na comunidade autónoma galega.

O presidente da Xunta Alfonso Rueda explicou así que esta empresa se converte no novo socio industrial no marco de Impulsa co cuarto proxecto que apoia e cuxa viabilidade se vai estudar para conseguir fondos europeos.

O obxectivo é situar en Galicia un gran centro de datos neutro en carbono, que se convertería nun dos máis grandes de España, pois tería capacidade para cubrir as necesidades de todo o tecido empresarial galego.

Catrocentos millóns de euros e cen postos de emprego

Ademais, permitiría o establecemento de sinerxías con proxectos que xa están en marcha en Galicia.

O investimento ascendería a 400 millóns de euros, dos que 130 se dedicarían á construción en si mesma e os 270 restantes se investirían nos servidores de tecnoloxía da información (IT).

Xeraríanse preto de 200 empregos no período de construción, que neste tipo de infraestruturas adoita prolongarse durante un ano, e, posteriormente, crearíanse uns 100 postos entre directos e indirectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos