Xuntanza de "pantaleóns" en Paderne, na comarca de Betanzos
Xuntanza de "pantaleóns" en Paderne, na comarca de Betanzos
É unha celebración rotatoria en que participan veciños de cinco parroquias de Cantabria, Burgos, A Coruña e Lugo que levan San Pantaleón no nome
A parroquia de San Pantaleón das Viñas, en Paderne, na comarca de Betanzos, acolle a undécima xuntanza dos "pantaleóns". Trescentas persoas, residentes nas cinco poboacións de Burgos, Cantabria e Galicia que levan o nome do mesmo santo, participaron nun xantar de confraternidade.
"Para min é un orgullo que San Pantaleón de Paderne realice este acto e que veña esta xente porque nos queremos moito. Hai moita unión entre nós aínda que nos vexamos unha vez ao ano para nós é un acto moi importante".
Os de Paderne foron os últimos que se incorporaron a este evento. Sumáronse na festa organizada polos outros "pantaleóns" galegos, os da parroquia de Cabanas no municipio lugués de Ourol. Pero a idea de xuntar todos os "pantaleóns" de España xurdiu en Burgos.
"Parecíanos un acto moi bonito, queriamos coñecer a todos os demais e facer unha amizade. E tivemos unha acollida estupenda porque a idea soa non serve, o resto de poboacións ten que acollernos, parecerlle ben e apoiarnos. Como así foi".
A celebración é rotatoria. O ano que vén o encontro celebrarase en Madrid, no mosteiro da Encarnación onde, segundo a tradición, conservan unha reliquia do santo.