Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta licita o proxecto de redacción de 68 novas vivendas públicas en Vigo

A Xunta licita o proxecto de redacción de 68 novas vivendas públicas en Vigo

Trátase da segunda fase dunha urbanización que acollerá 1.600 vivendas en San Paio de Navia

Xuntanza do Goberno galego, este luns en San Caetano (TVG).
G24.gal 14/10/2024 11:25 Última actualización 14/10/2024 14:10

O Consello da Xunta autorizou este luns o proxecto de redacción para a construción de 68 novas vivendas públicas no polígono de San Paio de Navia (Vigo).

O Executivo galego autorizou unha partida de 637.000 euros para a redacción deste lote, que está incluído na segunda fase da urbanización que acollerá ata 1.600 vivendas neste barrio vigués

Segundo anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "Vigo e A Coruña son os lugares en que concentran maior esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda". Rueda lembrou o obxectivo de duplicar o parque de vivenda pública de 4.000 a 8.000 unidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade