Publicador de contidos
Publicador de contidos

XX Exposición da Asociación Micolóxica Lucus en Lugo

XX Exposición da Asociación Micolóxica Lucus en Lugo

Expóñense 300 tipos diferentes de cogomelos

G24.gal 06/11/2022 12:32 Última actualización 06/11/2022 13:10

Este ano a Sociedade Micolóxica Lucus celebra a vixésima edición da exposición dos cogomelos que eles mesmos recollen e clasifican.

É unha exposición de centos de exemplares seleccionados. A carón de cada un deles hai unha ficha técnica co seu nome, hábitat, se é comestible ou non e sobre a súa posible toxicidade.
A mostra complétase cunha exposición de traballos infantís e coa exhibición de paneis informativos sobre hábitats micolóxicos.

Ademais entrégase un díptico informativo para facer unha recollida correcta dos cogomelos. Tamén hai membros da Sociedade Micolóxica Lucus ofrecendo información a quen queira sobre os cogomelos.

Coma cada ano, a mostra está no Colexio Rosalía de Castro, a entrada é de balde, e esta tarde abren de catro a oito e media.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade