Publicador de contidos
Publicador de contidos

Exhibición de andadura galega na feira cabalar da Fonsagrada

Exhibición de andadura galega na feira cabalar da Fonsagrada

Celebrouse a XXX edición da feira moi arraigada na comarca

G24.gal 08/09/2024 20:52 Última actualización 08/09/2024 21:19

Cadrando coas festas da patroa, A Fonsagrada acolleu esta fin de semana a trixésima edición da Feira do Cabalo, un evento que conta con moita tradición na zona e no que se celebraron probas de andadura galega non federada.

Pola mañá, houbo exhibición de gando cabalar e concurso morfolóxico e pola tarde, catro probas de andadura chapeada e serrada, unha competición que atrae público e concursantes de varias zonas de Galicia.

Marcos, un xinete de Muimenta, levou o primeiro premio na andadura chapeada en catro tempos, un paso que, en España, é exclusivo de Galicia.

Nesta zona hai unha gran tradición cabalar, sendo moi habitual no rural que conviva coas outras ganderías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos