A Feira do Mel de Lugo celebra a súa trixésima edición
A Feira do Mel de Lugo celebra a súa trixésima edición
O prezo do quilo mantívose nos dez euros
Son algúns dos tipos de mel que se producen na provincia de Lugo, pero hai máis, xa que cada produción ten os seus matices, malia que todo este mel comparte unha calidade extraordinaria.
Por iso, a Feira do Mel de Lugo leva trinta anos celebrándose.
Parte do éxito desta feira do mel debeuse a que cadra co San Froilán. Así, pasaron cada día por esta carpa na Praza da Soidade milleiros de persoas.
Coméntanos un produtor que de media cada expositor vende entre sesenta e oitenta quilos diarios, de xeito que lles compensa moito participar, xa que o prezo do quilo está nos dez euros.
Este ano participaron 26 apicultores da provincia.
Malia a aparencia de estaren relaxados, todos eles comparten unha preocupación: a loita sen acougo contra a velutina, que lles está acabando coas abellas.
Os expositores ofreceron catas á xente para que se puidese comprobar a calidade do produto e tamén apreciar os matices que ofrece cada tipo de mel.