Yáñez e Cereijo fan Maxia na patinaxe mundial
Yáñez e Cereijo fan Maxia na patinaxe mundial
Os coruñeses acaban de conquistar dúas medallas nos World Skate Games celebrados en Italia
Lucas Yáñez e Unai Cereijo, do club Maxia da Coruña, seguen facendo historia. Os dous metais apañados nos World Skate Games de Italia hai unhas semanas confírmanos como grandes promesas da patinaxe artística. Unai, dobre campión europeo, agranda o seu palmarés cunha prata mundial júnior na súa primeira participación neste tipo de eventos.
A participación de Lucas, bicampión júnior do mundo e bronce europeo sénior este ano, foi unha sorpresa. A lesión dun compañeiro abriulle as portas da cita mundialista a días do seu comezo.
Lucas conseguiu un bronce en categoría sénior, que, igual que a prata de Unai, lle deixa ganas de máis. Lucas e Unai afrontan con fame a nova temporada. Os patinadores coruñeses aspiran a todo.