Publicador de contidos
Publicador de contidos

Julia Benedetti queda fóra da final feminina de skateboard

Julia Benedetti queda fóra da final feminina de skateboard

A patinadora coruñesa remata a súa participación olímpica no 17º posto

Logo de caer nos dous primeiros intentos, conseguiu unha puntuación de 70,27 puntos, insuficientes para clasificarse á rolda final

Naia Laso logrou meterse entre as 8 primeiras e loitará polas medallas ás 17:30

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 06/08/2024 15:48

Malas novas desde a Place de La Concorde. Julia Benedetti non conseguiu pasar á final de skateboard e remata xa a súa segunda participación olímpica.

A patinadora coruñesa comezou a competición con mal pé. Dispoñía de tres intentos para lograr a mellor puntuación posible, pero caeu nos dous primeiros ao pouco de iniciar a marcha. A súa puntuación de 8,50 botaba por terra toda posibilidade de clasificarse para a final. Na derradeira tentativa, Julia conseguiu completar o circuíto e acadou un 70,27, mellorando os seus rexistros previos.

A pesar de ter mellorado, Benedetti non puido coarse entre as 8 mellores patinadoras e pon o remate á súa participación en París. Por outra banda, a tamén española Naia Laso firmou unha puntuación de 82,49, finalizando a rolda preliminar en sétima posición. A patinadora vasca competirá na final olímpica hoxe ás 17:30.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade