Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay resolve o derbi da Malata (0-1) para que o Deportivo mire cara a arriba

Yeremay resolve o derbi da Malata (0-1) para que o Deportivo mire cara a arriba

O Rácing mellorou na segunda metade, pero acumula cinco xornadas sen marcar e segue de penúltimo

G24.gal 29/03/2025 18:10

O derbi da Malata deixou un triunfador, un Deportivo ao que lle abondou un gol de Yeremay para escalar posicións e soñar con seguir progresando, e un perdedor, un Rácing que segue sufrindo e apañando decepcións.

Dous xogadores protagonizaron os primeiros achegamentos do partido. Por parte dos coruñeses, Yeremay pisaba área primeiro, cun envío que Zakaria non puido remachar á rede. Por parte racinguista, era Naím o que probaba fortuna cun lanzamento afastado que marchou preto do pau.

Volveu dar a réplica o canario pero, desta volta, non perdoou. Ían 17 minutos cando Yeremay recibía un gran pase de Villares ás costas da defensa. No man a man diante de Yoel anotou o 0-1. Contra a media hora volveu probar fortuna Yeremay, e Naím respondeulle con outro tiro lonxano, que tampouco atopou os paus.

O paso polos vestiarios sentoue mellor aos departamentais, pero non teñen sorte de cara ao gol. Probou fortuna Brais Martínez e parou Helton. Despois, a máis clara, de David Castro. E aí volveu salvar Helton ao Deportivo cun paradón.

Os coruñeses ampliaron a renda á saída dun córner, cun erro de Yoel cegado polo sol. Pero o colexiado anulou o tanto por unha falta de Pablo Vázquez que entraban ao remate.

O Rácing intentou sacar partido desta nova oportunidade, e buscou o empate con insistencia. Pero Raúl Blanco tampouco atopou os paus nunha boa xornada persoal. O Rácing culminou a súa quinta xornada consecutiva sen conseguir un gol. Ao Deportivo abondoulle o de Yeremay para sumar outros tres puntos que lles permitan soñar con algo máis ca permanencia, xa case na man.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade