Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yoel Rodríguez e Jesús Ruiz queren facer olvidar a Ander Cantero

Yoel Rodríguez e Jesús Ruiz queren facer olvidar a Ander Cantero

Yoel: "Veño de pasar uns anos sen minutos, pero sempre intentei axudar"

Jesús Ruiz: "Vendo a temporada pasada e falando con amigos, foi fácil convencerme"

G24.gal 09/07/2024 13:47 Última actualización 09/07/2024 14:11

Yoel Rodríguez (Vigo, 1988) mostrouse "feliz" por recalar na escuadra naval e desexou que a "próxima tempada sexa un grande ano" para o conxunto racinguista, pero non concretou por cantas tempadas asinou. Chega co aval da experiencia e poucos minutos nas últimas campañas no Éibar

"Os maiores temos experiencias boas e malas. Veño de pasar uns anos sen minutos, pero sempre intentei axudar".

"Dei a miña mellor versión como capitán".

Pola súa banda, Jesús Ruiz (Esplugues de Llobregat, 1997) iniciou a súa traxectoria na canteira do Español antes de militar no Eivisa ou no Mallorca, entre outros equipos, e afirmou estar "moi ilusionado por poder chegar" ao cadro que adestra Cristóbal Parralo.

Jesús Ruiz explica os motivos da súa chegada a Ferrol.

"É un club con moito traballo detrás. Son un home traballador que me gustan equipos humildes como o Rácing"

"Vendo a temporada pasada e falando con amigos, foi fácil convencerme"

As contratacións de Ruiz e Rodríguez son as primeiras anunciadas para a tempada 2024-2025 polo Racing, que a pasada fin de semana anunciou as renovacións do atacante Álvaro Giménez e do lateral Brais Martínez.

Os dosu terán a difícil misión de facer olvidar a Ander Cantero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade