Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz sostén que traballar de noite ten riscos para a saúde

Yolanda Díaz sostén que traballar de noite ten riscos para a saúde

Os hostaleiros critican que a vicepresidenta segunda cuestione os horarios da restauración

G24.gal 05/03/2024 15:10

Yolanda Díaz abordaba a redución de xornada laboral nunha reunión de Sumar no Congreso cando apuntou á hostalería: "Non é razoable un país que ten abertos os seus restaurantes á unha da madrugada. O outro día reuníame con todas patronais do sector turístico e falabamos das diferenzas co resto de Europa: é unha loucura".

Unhas palabras que non gustaron nas asociacións de hostalería, que desmenten que se reunisen coa ministra e lembran que a xestión dos horarios é de ámbito local e autonómico, ao tempo que defenden o peso económico da restauración. Na mesma liña, a presidenta da Comunidade de Madrid criticaba a proposta alegando que "España ten a mellor vida nocturna do mundo... e iso tamén dá emprego".

O voceiro do PP, Miguel Tellado, ve outros intereses: "Non é máis ca unha cortina de fume para sufocar o debate público sobre este caso de corrupción".

Máis receptivo é Patxi López, o voceiro socialista: "A reflexión sobre o uso do tempo e dos horarios non me parece mal. Non tanto só dos horarios dos bares, que supoño que iso vai por cidades".

A ministra de Traballo afondaba hoxe nas súas palabras: di que hai que respectar os dereitos laborais, e insiste en que o debate sobre o horario é unha cuestión de saúde. "Calquera traballador ou traballadora que traballe a partir das dez da noite en calquera servizo sabe perfectamente que supón riscos para a saúde. Por tanto, deixemos de frivolizar con estas materias, que son moi serias".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar