Cargando resultados...
Yolanda Díaz propón crear un bono de emerxencia para afrontar a suba das hipotecas
Yolanda Díaz propón crear un bono de emerxencia para afrontar a suba das hipotecas
A líder de Sumar mantén que o acordo de boas prácticas asinado polo Goberno coa banca non abonda
G24.gal
18/06/2023 14:43
Última actualización 18/06/2023 15:04
A líder de Sumar, Yolanda Díaz, participou nun mitin en Madrid con algúns dos candidatos que a acompañan nas listas electorais.
A vicepresidenta do Goberno mantén que o principal problema do país é a inflación e propón crear un "bono de emerxencia" que permita afrontar a suba das hipotecas de tipo variable.
Yolanda Díaz mantén que a medida adoptada polo Goberno, "dun código ético", de boas prácticas asinado coa banca, non abonda.
Criticou tamén as propostas do PP. Mantén que unha baixada xeneralizada dos impostos, levaría á quebra do país.
Dixo que se presentan ás eleccións do 23 de xullo para mellorar a vida das persoas