Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz: "Sabía que depender de dous deputados de UPN era extremadamente perigoso"

Yolanda Díaz: "Sabía que depender de dous deputados de UPN era extremadamente perigoso"

A ministra de Traballo valora a votación da reforma laboral

G24.gal 07/02/2022 15:09

Este luns, os xornalistas preguntáronlle a Yolanda Díaz se nalgún momento pensara dimitir a raíz da accidentada votación da reforma laboral. "Se a norma non chega a saír, eu tería que ser coherente", respondeu a ministra de Traballo, que prefire agora "pasar páxina".

Aínda así, a vicepresidenta reprocha as formas. "Facer depender unha votación tan delicada de dous deputados de UPN era extremadamente perigoso. Hai voces que negociaron pensando que non habería obstáculo e que non existían riscos. Eu sabía que existían. Aprendizaxe colectivo, non xoguemos coas cousas de comer".

Ese negociador ao que alude Díaz é o ministro da Presidencia. Para Félix Bolaños, non había outra opción, "non había outra maioría, o bloque da investidura non existía nesta ocasión", asegurou nunha entrevista na Cadena Ser. Culpa, ademais, os dous deputados de UPN de transfuguismo.

Sergio Sayas e Carlos García Adanero négano. Tamén o presidente de UPN, que segue pedíndolles que deixen os escanos. Javier Esparza cre que non houbo "ningunha compra de vontades". Nun entrevista en RNE asegurou que non descofía da palabra de Pablo Casado. "Nós somos socios leais ao PP, e agardo a mesma lealdade do PP, non teño porque dubidar", apuntou.

Pola súa parte, o bloque da investidura agarda que o Goberno aprendese a lección. "Espero que saia escaldado desta situación e se dea conta de que, gústelle máis ou menos, o esforzo teno que facer para fraguar maiorías con ERC e co PNV", aseguraba Andoni Ortuzar, presidente do PNV, nunha entrevista en Onda Vasca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade