Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zapatero e Ribera apostan pola Europa solidaria e social fronte á ultradereita

Zapatero e Ribera apostan pola Europa solidaria e social fronte á ultradereita

Para Zapatero, "quedou demostrado" coas eleccións catalás que o diálogo e a reconciliación son "a mellor política ao servizo de España"

Teresa Ribera dixo que está en xogo a idea mesma de Europa e que "non cabe renderse ante a ultradereita"

G24.gal 19/05/2024 14:22 Última actualización 19/05/2024 14:49

Desde Cádiz, berce da Ilustración e do constitucionalismo democrático en España, José Luis Rodríguez Zapatero defendeu unha Europa "da razón, a cultura, os dereitos humanos e a xustiza social". Dixo que en Cataluña triunfou a política da concordia e ironizou sobre o Partido Popular.

"Imaxinade que eses corenta e dous escanos en Cataluña os tivese o PP. Ao candidato do PP Fernández, chámase Alejandro, e a Feijóo levaríanos baixo palio ata Roma se lograran corenta e dous escanos en Cataluña".

A candidata ás europeas, Teresa Ribera, asegurou que "a máis Europa maior capacidade de responder aos problemas de cada un", en contraste cos egoísmos patrióticos e os localismos.

"Nunca xamais pensamos que o volveriamos ver e é ese desafío aberto á convivencia, ás regras democráticas, ao debate sosegado e tranquilo, ese desafío á idea de Europa".

Sinalou Ribera que a idea de Europa xermolou cos socialdemócratas e os conservadores democristiáns e que agora o risco consiste en que a dereita se deixe influír pola ultradereita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade