Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zelenski advirte en Granada que Rusia quere rearmarse e pide axuda e unidade a Europa

Zelenski advirte en Granada que Rusia quere rearmarse e pide axuda e unidade a Europa

España promete a Zelenski máis axuda militar para defender infraestruturas críticas

Os Vinte e sete porán en Granada as bases da futura ampliación da UE a 35 países 

Medio cento de líderes europeos debaten sobre o futuro da Unión en Granada
G24.gal 05/10/2023 14:37

O futuro de Europa debátese en Granada cun dobre cumio. Esta mañá terceiro encontro da comunidade política europea cun punto central: como lle está afectando a guerra de ucraína á orde internacional. 

O presidente Zelenski busca o apoio de Europa, á que lle pide unidade, e dá por asegurado o dos Estados Unidos, malia que o Congreso retirara a axuda a Kiev do pacto de orzamentos. Tampouco a presidenta da Comisión ten dúbidas. No que "está traballando os Estados Unidos é nos prazos", defende Von der Leyen. 

Pedro Sánchez reuniuse a soas co presidente ucraíno a soas para tratar sobre o novo paquete de axuda militar. O presidente do Goberno en funcións comprometeulle axuda para defender as infraestruturas críticas. Unha mensaxe máis de unidade a Moscova coa que Europa quere amosar diante de Putin unha fortaleza aínda maior. 

O segundo cumio será mañá. Consello Europeo informal centrado na ampliación da UE a 35 países nos próximos anos. Ucraína é un dos países candidatos a entrar e España non se oporá. 

Os líderes europeos tamén analizarán o problema da inmigración. O debate chega cun importante atranco superado. Tan só unhas horas antes de aterrar en Granada, os 27 lograron un acordo político para desbloquear o pacto migratorio e de asilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade