Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zelenski ve "absurdo" que a OTAN non dea data para o ingreso de Ucraína

Zelenski ve "absurdo" que a OTAN non dea data para o ingreso de Ucraína

“Parece que non hai dispoñibilidade nin para convidar a Ucraína á OTAN nin para facela membro da Alianza”, censura o presidente ucraíno

G24.gal 11/07/2023 12:40

O presidente ucraíno Volodimir Zelenski dixo hoxe de camiño ao cume da OTAN en Vilna que é "absurdo" e "sen precedentes" que a Alianza non vaia dar unha data de invitación para o seu país entrar na Alianza e asegurou que ten "sinais" de que haberá unha declaración sen alusión directa ao ingreso unha vez termine a guerra.

“A fórmula só se refire á invitación, e non á adhesión de Ucraína”, dixo Zelenski sobre o contido da declaración que os aliados estarían a negociar. 

O xefe do Estado ucraíno queixouse tamén de que a declaración que estarían a preparar os líderes da OTAN aluda a “condicións” para Ucraína, non xa para ser aceptada na OTAN, senón para ser convidada a adherirse. “Parece que non hai dispoñibilidade nin para convidar a Ucraína á OTAN nin para facela membro da Alianza”, remachou.

“Isto significa que se está deixando aberta unha xanela de oportunidade para negociar a pertenza á OTAN de Ucraína en negociacións con Rusia. E para Rusia isto significa un motivo para continuar co terror”, agregou o presidente ucraíno na súa mensaxe, publicada nas súas redes sociais.

Zelenski tamén se queixou de que a posible fórmula da declaración da OTAN estea a negociarse “sen Ucraína” e afirmou que o seu país “merece respecto”.

“Incerteza significa debilidade e falarei abertamente disto neste cume”, conclúe a mensaxe de Zelenski, que fai presaxiar unha cita tensa na capital lituana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade