Zelenski visita un lugar simbólico da resistencia contra Rusia na xornada 500 da guerra
Zelenski visita un lugar simbólico da resistencia contra Rusia na xornada 500 da guerra
O presidente de Ucraína desprázase ata a Illa das Serpes, que chegaron a tomar as tropas do Kremlin
O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, deulles as grazas a todos os soldados e a toda Ucraína polos 500 días de loita contra a agresión rusa cunha mensaxe desde a Illa das Serpes, un dos lugares estratéxicos máis importantes da zona marítima do Mar Negro, ocupada polos rusos en febreiro do ano pasado e liberada o 30 de xuño.
"Quero dar as grazas precisamente desde aquí, desde este lugar de vitoria, a cada un dos nosos soldados por estes 500 días: as nosas forzas armadas, o noso servizo de intelixencia, na osa Garda Nacional, os nosos gardas fronteirizos, o Servizo de Seguridade de Ucraína, a Policía Nacional, os nosos operadores de transmisións, o noso pobo", dixo.
E continuou: "Dou as grazas a todos os que loitan por Ucraína". Expresou o seu desexo de que a liberdade que querían todos os heroes para Ucraína e "que hai que conquistar precisamente agora", sexa "unha honra por todos aqueles que deron a súa vida por Ucraína", e engadiu: "Sen dúbida, venceremos".
"Aínda que é un pequeno anaco de terra no medio do noso Mar Negro é unha gran proba de que Ucraína recuperará cada parte do seu territorio", dixo Zelenski, citado pola axencia Unian, ao referirse á Illa das Serpes nos "500 días de guerra a grande escala".
"Agradecido a todos os que loitaron aquí contra os ocupantes. Honramos a memoria dos heroes que deron a súa vida nesta batalla, unha das máis importantes na guerra a grande escala. Gloria a todos e cada un dos que loitaron pola seguridade do noso Mar Negro!, engadiu.
A liberación da Illa das Serpes foi precedida polo afundimento en abril do buque insignia ruso da frota do Mar Negro, o Moskva. O Ministerio de Defensa ruso cualificou no seu momento a retirada rusa de "xesto de boa vontade".
500 days of the full-scale war.
— Володимир Зеленський (@ZelenskyyUa) July 8, 2023
Snake Island. The free island of free Ukraine.
I am grateful to everyone who fought here against the occupiers. We commemorated the heroes who gave their lives in this battle – one of the most important during the full-scale war.
Glory to… pic.twitter.com/RODccfWkWm