Cargando resultados...
A feminidade en Mad Men, a estudio por Xosé Antón Cascudo
A feminidade en Mad Men, a estudio por Xosé Antón Cascudo
Mad Men foi deseñando toda unha serie de modelos femininos que Xosé Antón Cascudo analiza no seu libro
A mística da feminidade en Mad Men levou o Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2022
G24.gal
10/11/2023 16:01
Última actualización 10/11/2023 16:31
Mad Men foi unha das grandes series de televisión da pasada década. Xiraba ao redor do mundo da publicidade nos anos 60 nos Estados Unidos e presentaba toda unha serie de modelos de mulleres moi diversos, desde a ama de casa tradicional ata a profesional con grandes ambicións.
Todas estas personaxes femininas son as que analiza Xosé Antón Cascudo no seu libro A mística da feminidade en Mad Men, que foi Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no ano 2022. A súa análise parte dos conceptos feministas da teórica estadounidense Betty Friedan.