Cargando resultados...
Nova Galega de Danza celebra vinte anos con 'Berro", unha viaxe de recuperación da memoria
Nova Galega de Danza celebra vinte anos con 'Berro", unha viaxe de recuperación da memoria
Sete bailaríns sobre o escenario, o habitual corpo de baile de Nova Galega de Danza
Regresa ás táboas o director da compañía, Jaime Pablo Díaz
G24.gal
27/10/2023 14:21
A compañía Nova Galega de Danza fai vinte anos reinterpretando e innovando o baile tradicional. Para celebralo estrea novo espectáculo. Chámase Berro e conta coa dirección artística do recoñecido coreógrafo israelí Sharon Fridman. O próximo 28 de outubro van estar en Ourense.
Berro quere ser unha viaxe de recuperación da memoria colectiva a través da expresión do corpo. Pero tamén é un berro de orgullo por manter unha compañía privada de danza 20 anos en pé, un caso excepcional en Galicia e dos poucos que hai en España.