Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boborás recupera a súa Danza de Xuvencos, suspendida durante a pandemia

Boborás recupera a súa Danza de Xuvencos, suspendida durante a pandemia

Trátase dunha das danzas gremiais ou brancas máis completas de cantas se conservan en Galicia

Celébrase cada catro anos e a primeira referencia escrita do baile data de 1.700

G24.gal 19/05/2024 14:40 Última actualización 19/05/2024 15:50

Oito rapaces e rapazas de Boborás vestiron o traxe tradicional este domingo para manter viva a Danza de Xuvencos. Trátase dunha das poucas danzas brancas ou gremiais que se conservan en Galicia.

Segundo o historiador José Luís Sobrado é unha das máis completas con tres paleados, tres muiñeiras, un paso e un entrelazado. Báilana acompañando a imaxe da Virxe no seu regreso á igrexa de Xuvencos, na coñecida como a Procesión das Mudacións.

A primeira referencia escrita desta danza data de 1.700 aínda que se cree que a súa orixe está na Idade Media. Noutrora eran só homes os que bailan. Catro vestían de muller. Traxes influenciados pola emigración a América. O único requisito para ser danzante é ser solteiro e vivir na parroquia.

Aínda que a procesión se fai todos os anos a danza celebrase só cada catro e a pandemia obrigou a suspender a última edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade