A Asociación de Fiscais pide a dimisión do fiscal xeral do Estado pola súa "pasividade" ante a amnistía

Os fiscais fan unha "firme defensa do Estado de Dereito" 

Álvaro García Ortiz defende que "calquera posicionamento do Ministerio Fiscal sobre a amnistía esixe coñecer a literalidade da lei"

 

 

G24.gal 12/11/2023 20:40 Última actualización 12/11/2023 21:17

A Asociación de Fiscais, a maioritaria na carreira fiscal, manifestaba o seu “máis absoluto e enérxico” rexeitamento de calquera iniciativa lexislativa para a amnistía. Así o expresaban nun comunicado tras a celebración do Congreso da Asociación de Fiscais, en Xerez. Alí pedían a dimisión de Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado.

"Amosamos a firme defensa do Estado de Dereito sen ningún tipo de cortapisa e ademais solicitamos a dimisión do fiscal xeral do Estado pola pasividade ante os ataques que se están a producir contra a Constitución e o Estado de Dereito", dixo Cristina Dexeus, presidenta da Asociación de Fiscais.

Nese Congreso, García Ortiz referíase nestes termos á futura lei de amnistía.

"Calquera posicionamento do Ministerio Fiscal respecto á anunciada lei de amnistía esixe, en todo caso, coñecela na súa literalidade, e ese posicionamento farase a través das canles estatutarias e nos procedementos en que o ordenamento xurídico demanda a nosa intervención", aseveraba Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado.

Na Asociación de Fiscais aseguran que a iniciativa lexislativa para a amnistía "pervertería o sistema constitucional de separación de poderes" e suporía "o incumprimento dos deberes e obrigas de España ante a Unión Europea”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade