A Xunta busca apoio en Bruxelas para os seus plans de emprendemento e fixar poboación no rural
A Xunta busca apoio en Bruxelas para os seus plans de emprendemento e fixar poboación no rural
Alí está a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, que comezou a mañá cun encontro con galegos que traballan nas institucións comunitarias
A Xunta leva a Bruxelas os retos laborais para impulsar o emprendemento e fixar poboación no rural. Alí está a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade que comezou a mañá cun encontro con galegos que traballan nas institucións comunitarias.
Durante dous días vaise reunir co comisario de Emprego e outros responsables comunitarios. O obxectivo, captar fondos que axuden a dinamizar o rural reforzando os plans galegos de cualificación laboral e os polos de emprendemento.
"Que se financian co Fondo Social Europeo e é un xeito de axudar a calquera emprendedor que quere iniciar o seu negocio en Galicia. Queremos reforzar eses polos, esas axudas ao emprendemento", explicou a conselleira Elena Rivo.