Unidas baixo o mesmo paraugas por unha sociedade inclusiva

Preto de cen entidades galegas celebran unidas o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

G24.gal 03/12/2023 14:33 Última actualización 03/12/2023 19:39

Todas as entidades do ámbito da discapacidade traballan en rede cada día pola inclusión real e cada tres de decembro únense baixo o mesmo paraugas para visibilizar unha sociedade heteroxénea e plural.

Preto de cen colectivos conmemoraron o Día Internacional das Persoas con Discapacidade nas principais cidades galegas.

Na Coruña, o acto celebrouse no Parrote e reuniu máis de trinta asociacións. É un día de festa e tamén de reivindicación para continuar avanzando no camiño da inclusión, por unha sociedade que abrace a riqueza da diversidade e que continúe derrubando barreiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade