Capturan tres xabarís que se meteran no recinto dun centro de FP da Coruña

Os técnicos de Medio Ambiente empregaron unha rede para atrapalos

Pode tratarse dos exemplares que apareceron hai dous meses pola cidade

G24.gal 10/11/2023 20:55 Última actualización 10/11/2023 21:11

Na mañá deste venres houbo alumnos de FP que non puideron saír ao recreo, porque os xabarís andaban polo recinto. Había que atrapalos.

Nese centro do barrio coruñés de Someso xa estaba a Policía Local. E chegaron os técnicos de Medio Ambiente da Xunta. Estes, os encargados de capturar os animais, trouxeron unha rede. E comezaba a operación. 

Os tres porcos bravos estaban nun recuncho. Había que escorrentalos. E saíron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade