Boric recibe o borrador da nova Constitución de Chile e convoca o plebiscito do 17 de decembro

Boric agradeceu o traballo do Consello Constitucional e dixo que agora os chilenos deberán decidir se "é unha proposta que os une"

G24.gal 07/11/2023 17:37 Última actualización 07/11/2023 19:00

O presidente de Chile, Gabriel Boric, recibiu este martes a proposta de carta magna para o país elaborada polo Consello Constitucional e convocou oficialmente o plebiscito para o 17 de decembro. 

Boric agradecu o traballo do Consello Constitucional e dixo que agora os chilenos deberán decidir se "é unha proposta que os une".  Pero a división de opinións está moi presente no país. Por unha banda, os defensores do texto argumentan que garante a "liberdade e seguridade"; por outra, os críticos táchana de "partidista", asegurando que perpetúa o modelo neoliberal.

As enquisas auguran o fracaso da nova proposta. O partidos integrantes do Executivo de Boric son contrarios a ela, se ben o Goberno non se posicionou e incidiou no seu rol meramente informativo. Os partidos da deretia, pola contra, fan un chamamenteo á poboación para aprobala. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade