Cargando resultados...
Ribadeo réndelle homenaxe ao economista e político Víctor Moro, fillo predilecto da vila
Ribadeo réndelle homenaxe ao economista e político Víctor Moro, fillo predilecto da vila
Unha placa na zona portuaria lembra a figura do histórico deputado de UCD
Foi o primeiro parlamentario en pedir a autonomía de Galicia nas Cortes Xerais Constituíntes de 1977
G24.gal
13/08/2024 20:00
Última actualización 13/08/2024 20:18
Ribadeo réndelle unha nova homenaxe ao economista e político Víctor Moro, fillo predilecto da vila e histórico deputado da UCD, falecido en 2021.
O presidente da Xunta asistiu ao descubrimento dunha placa conmemorativa co seu nome na zona portuaria.
Alfonso Rueda destacou o compromiso de Víctor Moro con Galicia, unha peza clave para que se recoñecera na Constitución como nacionalidade histórica.
Víctor Moro foi primeiro parlamentario en solicitar a autonomía de Galicia nas Cortes Xerais Constituíntes de 1977.