Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miles de persoas gozaron da Noite do Patrimonio en quince cidades españolas

Miles de persoas gozaron da Noite do Patrimonio en quince cidades españolas

É un evento único en Europa no que se abren en horario nocturno e de balde monumentos, pazos e catedrais

En Santiago houbo rutas guiadas por lugares que agochan vivencias e historias máis descoñecidas

G24.gal 15/09/2024 18:53 Última actualización 15/09/2024 19:42

Construída en 1919 para albergar un transformador eléctrico converteuse nun símbolo da arquitectura industrial da cidade de Santiago. A Casa das Máquinas reabriu as súas portas este sábado para acoller o espectáculo do Premio Nacional de Danza, Israel Galván.

As obras de recuperación deste inmoble para usos culturais superaron os 400.000 euros.  

"É un día especialmente de luxo. Digamos que non só facemos a inauguración non oficial da Casa da Máquinas, deste espazo patrimonial, cultural recuperado dende hai pouco, senón que o facemos neste contexto da Noite do Patrimonio para darlle unha visibilidade e unha transcendencia máis aló do noso país", di Xaquín López,  director-xerente do Auditorio de Galicia.

Foi un escenario destacado dunha velada repleta de propostas culturais gratuítas en Compostela, no marco da noite que celebran as quince cidades Patrimonio da Humanidade.

"O para que, eu creo que é moi claro. Poñer en valor o noso patrimonio, a nosa riqueza patrimonial, o obxectivo de que nos temos que concienciar de que o temos que conservar, pero ademais de que debemos ser garantes del, gozando del, vivindo no día a día sen esquecernos del", afirma Xaquín López.

Deste espazo, situado no barrio de Galeras, arrancaba unha ruta por lugares menos coñecidos. 

"Pasaremos por detrás de Raxoi para falar da tristemente coñecida "falcona". Esa cela habilitouse durante a Guerra Civil, porque aquí en Santiago facíanse consellos de guerra e todos lle tiñan pánico, sabían que todos os que pasaban por aí ían ao paseíño, non se libraban. De feito, por aí pasou Ánxel Casal, que foi o último alcalde da República de Santiago ou o pai de Isaac Díaz Pardo", di Emma Gutiérrez, guía da Noite do Patrimonio.

Na praza de Cervantes confluía moita da actividade da noite. O Coro da Ra iniciaba neste balcón unha actuación que continuaba na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar