Ribadavia revive o seu pasado medieval na Festa da Istoria
Ribadavia revive o seu pasado medieval na Festa da Istoria
Milleiros de persoas gozan dunha viaxe ao pasado na 35ª edición da festa, cun amplo programa de actividades que pechan un multicultural verán na capital do Ribeiro
Cun barrio xudeu declarado monumento nacional, Ribadavia é o mellor escenario para esta viaxe pola historia.
Artesáns e mercaderes volven ocupar estas rúas onde as transaccións se realizan na moeda propia, os marabedís.
Hai 35 anos que os veciños de Ribadavia reviven o seu medievo dando vida a personaxes como o rei García, que converteu esta vila en capital do reino de Galicia. Máis de 500 voluntarios fan posible esta recreación na que se implica todo o pobo.
Un día repleto de actividades, dende bailes medievais a recreación dunha voda xudía, carreiras de pipotes, torneos ou espectáculos de lume e acrobacias.
A festa alongarase ata entrada noite e domingo aínda continuará o mercado artesanal.