Decembro cobre Europa de neve
Decembro cobre Europa de neve
As nevaradas dificultan as comunicacións aéreas e terrestres no continente
Na República Checa a neve acumulada supera os 75 centímetros
O mes de decembro comezou con frío e neve na maior parte de Europa, o cal está a dificultar a circulación aérea e terrestre.
As primeiras nevaradas cubriron a capital checa, Praga, e orixina cortes de tráfico e problemas no aeroporto. No sur do país centroeuropeo a neve acumulada superou os 75 centímetros.
Por segundo día consecutivo, o aeroporto de Múnic, en Alemaña, está paralizado e provoca a cancelación das 40 conexións con España. Tamén se suspenderon máis de 60 voos en Moscova, que vive a maior nevarada en 145 anos, cunha cota de neve de 40 centímetros nalgúns barrios. E na rexión rusa de Siberia agardan temperaturas de 50 graos baixo cero.