Estudantes galegos e cataláns participan en Vigo no XII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil

É unha primeira aproximación ao método científico que empregan en abordar temas como os efectos do cambio climático ou o impacto psicolóxico das redes sociais

G24.gal 24/11/2023 14:33

Preto de cen estudantes de secundaria galegos e cataláns participan en Vigo no XII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil. Para eles é unha primeira aproximación ao método científico. Hai desde estudos sobre a percepción sensorial, ata investigación sobre a reprodución vexetal.

Este foro, o número 12, incorpora este ano a sección de experimentos. Os alumnos, máis de cen, presentan aquí os seus proxectos. Aplican o método científico, tamén para as ciencias sociais. A influencia das redes nestes problemas, ou mesmo as adiccións, foron temas de interese destes mozos investigadores. Pero tamén os hai sobre intelixencia artificial, ou sobre rendemento deportivo.

"O cambio climático é un tema que se trata moito. Tamén as adicións ás novas tecnoloxías...", dixo Alberto García Mayo, profesor e organizador do foro.

Un foro en que os alumnos se estrean co método científico como xeito de coñecemento e ademais aprenden a desenvolver as súas habilidades de comunicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar