Cargando resultados...
Feijóo confirma que falou da amnistía co comisario de Xustiza
Feijóo confirma que falou da amnistía co comisario de Xustiza
O líder do PP non revelou a posición do mandatario europeo
G24.gal
26/10/2023 20:46
Última actualización 26/10/2023 20:52
A amnistía foi un dos temas que abordou Feijóo na reunión co comisario europeo de Xustiza, porque, segundo o líder do PP, é un tema que afectaría ao Estado de Dereito. Pero non revelou a opinión do comisario. O que si que dixo Feijóo é que non se trata de convivencia, senón que é por conveniencia.
"Esta amnistía non é unha reconciliación, é unha transacción política. Non estamos profundizando na convivencia, estamos profundizando na conveniencia de que alguén, despois de perder as eleccións, quere ser presidente do Goberno. Estamos buscando unha transacción por sete votos", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP.