Gabri Veiga, para a TVG: "O Celta ten moitos menos puntos dos que merece"
Gabri Veiga, para a TVG: "O Celta ten moitos menos puntos dos que merece"
O xogador porriñés confesa que o sorprenderon os rumores que o vencellan co club vigués no mercado invernal
"Estou noutra etapa da miña carreira", confesou o centrocampista do Al Ahli
Nesta parada do fútbol polos compromisos internacionais aproveitamos para ir a Madrid e conversar con Gabri Veiga, concentrado coa sub-21.
Con Gabri conversamos do acontecido este verán coa súa elección de Arabia Saudita para seguir a súa carreira profesional. O porriñés non esquece a situación do seu Celta, e do rumor dos últimos días que apuntaba unha posible volta a Vigo. Tamén expresou a súa total confianza na capacidade que ten o equipo para saír da zona perigosa en que se atopa.
Tamén quixemos entregarlle o premio ao "mellor gol galego da temporada" que logrou Veiga a campaña anterior. O tanto premiado foi o que acadou contra o Betis no triunfo brillante do Celta no Benito Villamarín.