Investigan a causa da morte da balea varada en Oia
Investigan a causa da morte da balea varada en Oia
Mide oito metros e apareceu entre unhas rochas de difícil acceso por mar e por terrra
Unha balea alibranca apareceu varada na costa de Pedornes, no concello de Oia. Localizouna entre as rochas un veciño da zona. O exemplar mide oito metros. A súa non é unha varada común, pero si un animal habitual nas nosas costas, segundo explicou Alfredo López, biólogo da Coordinadora de Estudo de Mamíferos Mariños.
É unha balea adulta femia e, segundo as primeiras análises, parece que no momento da súa morte estaba sa e non pasara fame. Os expertos que analizan os seus restos pensan que puido ter algún tipo de accidente. O exemplar está nun lugar de difícil acceso por mar e por terra, por iso será imposible retirar o corpo do animal das rochas.
Haberá que agardar a que o mar o leve ou a que se descompoña. Non é a primeira vez que un exemplar similar vara na costa de Oia. O pasado ano fíxoo unha balea de vinte metros e trinta toneladas.