O proxecto Emplea-Lab busca mellorar a empregabilidade de persoas vulnerables a través da formación
O proxecto Emplea-Lab busca mellorar a empregabilidade de persoas vulnerables a través da formación
O programa, en que colaboran as organizacións empresariais e Cáritas, desenvólvese en 11 provincias, entre elas as de Ourense e Lugo
Mellorar a empregabilidade das persoas vulnerables, especialmente as que están a percibir o Ingreso Mínimo Vital, e conseguir que as empresas cubran os postos vacantes. Ese é o dobre obxectivo co que se puxo en marcha o proxecto Emplea-Lab no que colabora a Fundación CEOE, a CEO e Cáritas e que está financiado polo Ministerio de Inclusión a través de fondos europeos Next Generation.
En Ourense participan activamente máis de 350 empresas. A través deste programa ponse en contacto aos demandantes de emprego cos empresarios despois de adaptar a súa formación ás necesidades. Traballo que realiza Cáritas.
Emplea-Lab tamén permitirá realizar unha diagnose da realidade empresarial da provincia para poder determinar as súas carencias e adaptar as actuacións.