Morre atropelado un traballador mentres dirixía o tráfico nunhas obras na Laracha
Morre atropelado un traballador mentres dirixía o tráfico nunhas obras na Laracha
A vítima é un operario de 64 anos
Ocorreu na parroquia de San Román de Cabovilaño, á altura da Estación de Servizo San Marcos.
Un home de 64 anos faleceu esta mañá no municipio coruñés da Laracha ao ser atropelado mentres traballaba dirixindo o tráfico nunhas obras.
Segundo os servizos de emerxencias, a alerta recibiuse pouco despois das 8:30 horas e informaba dun atropelo ocorrido á altura do quilómetro 24 da AC-552, na parroquia de San Román de Cabovilaño, á altura da Estación de Servizo San Marcos.
Testemuñas presenciais apuntan a que o home traballaba desviando o tráfico dunhas obras que se estaban realizando no municipio cando foi atropelado por un vehículo.
Ata a zona mobilizáronse efectivos de Policía Local, Garda Civil, Bombeiros de Carballo e dúas ambulancias do 061, e tamén persoal sanitario do Centro de Saúde da Laracha, aínda que só puideron certificar a morte do home.