Nas cinco primeiros días de novembro choveu na provincia de Ourense o que adoita chover todo o mes

Van acumulados 150 litros de auga por metro cadrado, o mesmo que se adoita recoller nun mes normal de novembro

Estas intensas chuvias elevaron o caudal dos ríos ata 15 veces o habitual, os nivais mnáis altos están no Miño en Ourense, no Avia, en Ribadavia e o Arnoia, en Baños de Molgas

G24.gal 06/11/2023 14:12

Nos primeiros cinco días deste mes de novembro xa choveu na provincia de Ourense todo o que chovería en todo este mes de novembro nun ano normal. Van acumulados 150 litros por metro cadrado.

Pero é que este está a ser o ano hidrolóxico máis húmido desde que hai rexistros, no ano 80. E estas intensas chuvias elevaron o nivel dos ríos ata 15 veces o habitual. Na cidade de Ourense, o Miño roza xa os 5 metros.

Estas chuvias intensas elevaron a nivel do Miño ata case os 6 metros a fin de semana, agora roza os cinco e o seu caudal é ata 15 veces máis alto do habitual.

Non só o Miño, tamén o río Avia en Ribadavia e o Arnoia en Baños de Molgas están en situación de prealerta e xa houbo desbordamentos nas áreas recreativas e paseos fluviais.

E vai seguir chovendo, segundo as previsións meteorolóxicas. Os encoros da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil están tamén en máximos, nun 84 % da súa capacidade. E aseguran que o nivel dos ríos pode subir aínda máis contra o final desta semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade