Patronal e sindicatos comezan a negociar co Goberno a suba do SMI

Os empresarios parten dunha proposta de incremento en torno ao 3,5 %, mentres que os representantes dos traballadores queren situalo por enriba do 5 %

G24.gal 28/11/2023 14:43

Patronal e sindicatos comezarán a negociar este mesmo xoves co Goberno a suba do salario mínimo. O presidente da CEOE pídelle ao Executivo que aumente a contratación pública para compensar o incremento dos custos que van sufrir as pequenas empresas coa nova suba dos salarios. Antonio Garamendi sinala que moitas xa están asfixiadas.

Dende os sindicatos, Unai Sordo, de CCOO, pide unha suba do 5,2 % e apunta que a proposta da patronal, do 3,5 % non é aceptable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade