O Black Friday vai xerar 1.500 empregos en Galicia

A contratación baixa en xeral en case a toda España e no caso de Galicia descende un 20,6 % respecto ao ano pasado

Dependentes, carretilleiros, empaquetadores e transportistas están entre os perfís máis demandados

Os sectores do comercio, transporte e loxística buscan reforzos para o Black Friday e Nadal
G24.gal 31/10/2023 14:17

Para o Black Friday e o Nadal, Galicia vai crear emprego, pero non tanto coma outros anos.

"Contrataremos arredor de 1.500 traballadores para esta campaña, o que supón un 20 por cento menos ca o ano anterior", conta Armando Basilio, director da oficina de Randstad en Santiago.

As previsións apuntan cara a un descenso do consumo. "O alzamento dos prezos, a inflación, a situación política, lévannos a consumir menos", continúa

Os sectores da loxística, transporte e comercio son os que demandan un maior recrutamento. "Dependentes, atención ao cliente, mozos de almacén, transportistas", apunta Basilio.

Tamén a hostalería busca desesperadamente traballadores.

"Pois estamos actualmente cun gran problema á hora de recrutar, fundamentalmente centrado no sector de hostalería", explica Marta Dosil, área Manager Iman Temporing

Malia que a priori os postos que se demandan son de carácter temporal, dende estas empresas advirten que poden ser unha boa oportunidade para entrar no mercado. "Eu convidaría a todo o mundo a que non desperdiciase un traballo porque fose puntual, temporal, porque ao final a oportunidade chama a que se poida ofrecer esa estabilidade que ao final é o que todo o mundo buscamos", aconsella Marta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade