O consello de ministros de Pesca da UE negocia as cotas dos vindeiros anos

A xuntanza dos ministros de pesca europeos rematará previsiblemente o martes

Luis Planas preside a reunión como parte da presidencia rotatoria da UE
G24.gal 10/12/2023 20:32 Última actualización 10/12/2023 22:01

O ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, preside en Bruxelas o decisivo consello de responsables de Pesca da Unión Europea, que pecha o semestre da presidencia española. 

A negociación é vital para os case nove mil buques da frota española

Luis Planas tentará que os 27 ministros comunitarios do sector cheguen a un acordo sobre as cotas pesqueiras no Atlántico e no Mediterráneo para o ano que vén, vitais para os case nove mil buques da frota española, a maior parte dos cales son galegos.

España propoñerá establecer cotas plurianuais nalgunhas pesqueiras

O ministro dixo que era optimista sobre os resultados dunha reunión, que rematará o martes próximo e na que poderían fixar por primeira vez cotas plurianuais nalgunhas pesqueiras.
 

En Bruxelas estaban tamén os representantes da Xunta. O titular da consellería do Mar dixo que hai que aproveitar a presidencia rotatoria da Unión Europea para conseguir máis cotas para a nosa frota.

A Xunta pide a declaración de zona catastrófica para as rías afectadas pola mortaldade do marisco

Alfonso Villares reiterou na capital comunitaria a petición da declaración de zona catastrófica para as rías galegas afectadas pola mortaldade do marisco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade