O delegado do Goberno compromete todos os tramos da alta velocidade en Ourense

Pedro Blanco afirma que varios tramos da variante exterior do AVE en Ourense están "en revisión"

G24.gal 08/11/2023 14:35

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, compromete a construción de todos os tramos para a chegada da alta velocidade a Ourense. O PP  denunciara a ausencia do último tramo nos plans da estación de Ourense, polo que rexistraron unha proposición non de lei para comprometer a súa execución.

Blanco sinalou que os tramos que acompañan ás dúas primeiras fases xa en construción da variante exterior do AVE en Ourense atópanse "en revisión" para a súa adaptación ás "novas normativas de seguridade" e ao marco de prezos actual para, deste xeito, que a contratación leve a cabo con "as máximas garantías".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar