O Obradoiro, pendente do regreso de Jordan Howard
O Obradoiro, pendente do regreso de Jordan Howard
O internacional portorriqueño someterase este venres a unha proba para coñecer se pode reaparecer no partido contra o Baskonia
O internacional portorriqueño Jordan Howard someterase este venres a unha proba para coñecer se pode reaparecer no partido que este domingo disputará o Monbus Obradoiro contra o Baskonia, no que milita o seu irmán Markus.
“Somos optimistas, pero as lesións musculares obrígannos a ir día a día. Hai que ver como responde hoxe a un maior estímulo de carga, logo tomaremos a decisión final pero esperamos que nos poida axudar”, comentou o técnico do Obradoiro, Moncho Fernández.
O posible regreso de Howard, que se perdeu os últimos partidos ligueiros ante Xirona, Gran Canaria e Unicaja por unha rotura no bíceps femoral esquerdo, suporía un alivio para o adestrador santiagués, que aínda non pode contar co dominicano Rigoberto Mendoza.
O Baskonia, que vén de gañar na pista do Olympiakos (74-75) na Euroliga, caeu derrotado nas súas últimas dúas visitas ao Multiúsos Fontes do Sar: 91-86 en xaneiro deste ano e 81-76 a mediados de marzo do 2022.