Cargando resultados...
O PP pregunta pola exclusión do hidroduto Guitiriz-Zamora dos fondos europeos
O PP pregunta pola exclusión do hidroduto Guitiriz-Zamora dos fondos europeos
Os populares reclaman a comparecencia da ministra de Transición Ecolóxica
Lamentan que o proxecto repercuta no desenvolvemento industrial de Galicia
G24.gal
02/12/2023 13:57
Última actualización 02/12/2023 14:10
Os parlamentarios do PP van pedir a comparecencia da vicepresidenta terceira para aclarar as razóns da exclusión do hidroduto entre Guitiriz e Zamora dos fondos europeo.
Lembran que foi ela a que comprometeu o investimento nunha conferencia de prensa ao rematar o Consello de Ministros en xaneiro deste mesmo ano.
Manteñen os populares que se trata dun investimento vital para garantir a competitividade da industria e da capacidade que poida ter Galicia para atraer novos investimentos enerxéticos.