O PSdeG di que as bonificacións na AP-9 e na AP-53 avanzan cara á gratuidade

José Ramón Gómez Besteiro defende o acordo acadado co BNG para a investidura

G24.gal 07/11/2023 14:41

Circular pola autoestrada AP-9 e pola AP-53 será máis barato para os condutores a partir do próximo ano. É un dos puntos do acordo que asinou o BNG co partido socialista para dar o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez. José Ramón Gómez Besteiro di que se trata dun acordo importante que beneficiará os galegos.

"Custou sacar este acordo adiante. Sábese o importante que era para os galegos iniciar e continuar nese camiño cara á gratuidade. Un camiño que se iniciou hai dous anos da man do Goberno de Pedro Sánchez. Agora continuamos nese camiño", di José Ramón Gómez Besteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade