O salón do automóbil usado de Lugo reúne catrocentos coches de ocasión

A mostra permanece aberta durante toda a fin de semana

Pódense atopar vehículos de todas as gamas, con descontos e ofertas

G24.gal 11/11/2023 20:46 Última actualización 11/11/2023 21:47

Ata 400 modelos con prezos moi variados é o que se pode atopar na duodécima edición do Caroutlet que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 

A mostra de vehículos de ocasión e quilómetro cero, a maior da provincia, permanecerá aberta ao público ata este domingo ás 20:30 horas.

A clientela valora, sobre todo, poder levar o coche sen agardar e tamén as ofertas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar