O sector da educación infantil maniféstase en Santiago para mellorar as súas condicións laborais

 Os sindicatos Comisións Obreiras, CIG e UXT esixen recuperar o poder adquisitivo das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta

G24.gal 15/11/2023 14:26

O sector da educación infantil manifestouse este mediodía en Santiago, na cuarta xornada de mobilizacións. Os sindicatos Comisións Obreiras, CIG e UXT esixen recuperar o poder adquisitivo das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta.

Os manifestantes, que saíron da Alameda e remataron na praza das Praterías, critican que non hai avances nas negociacións coas patronais e denuncian que se trata dun sector precarizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade