Os bancos de alimentos agardan reunir 23 millóns de quilos na gran recollida

As doazóns durante este ano caeron un 40 % debido ao incremento dos prezos

G24.gal 25/11/2023 14:34 Última actualización 25/11/2023 14:45

A un mes do Nadal, a Federación de Bancos de Alimentos desenvolve dende o venres e durante tres días o que se coñece como a gran recollida.

Un total de 54 bancos de alimentos traballan estes días arreo co obxectivo de recoller nos supermercados ata 23 millóns de quilos de alimentos, que axuden a contrarrestar o descenso nas doazóns do ano pasado.

En 2022, apañaron un 40 % menos de produtos, unha diminución que se debeu principalmente á suba nos prezos dos alimentos.

Como xa se fixo en edicións anteriores, a maiores de entregar alimentos non perecedoiros ao voluntariado, tamén se poderán facer doazóns económicas na caixa dos establecementos ata o día 6 de decembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade